Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 23/11/2021

Programa completo 23/11/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 23.11.2021 14:20

Abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola e falamos da Resonancia Magnética Nuclear que se aplica para certificar variedades. Coñecemos máis deste estudio conversando co técnico Alfonso Losada e coa investigadora Eva López. Conversamos tamén co alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, que asegura confiar nos responsables de sanidade e nos compromisos por eles adquiridos e agarda que o Centro de Saúde sega mantendo as tres prazas de médico que ten na actualidade. Entre outros asuntos, repasamos actividades que se están organizando para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Falamos coa educadora Noelia Rodríguez que imparte obradoiros en Colexios e Institutos de Monforte e tamén dun vídeo feito con nenos dos colexios de O Incio e de O Courel promovendo a igualdade dende o rural. Un proxecto no que colaboraron os artistas Lucía Pérez e Xavier Vizcaino. Convidamos aos dous ao programa de hoxe para que nos conten algo máis da iniciativa.