O GDR Ribeira Sacra - Courel prepárase para poñer en marcha unha nova fase do Plan Leader que están xestionando e co que levan financiado 115 proxectos valorados en 6 millóns de euros. Datos que repasamos conversando co xerente do Grupo, Martín Alemparte. O proxecto de arqueoloxía en comunidade que teñen en marcha en Cereixa para poñer en valor o Castro de San Lourenzo serve de exemplo para unha iniciativa que se desenvolve na Serra de Ávila e da que se fala esta tarde na Semana da Memoria Histórica que se está desenvolvendo na citada parroquia. Conversamos co conferenciante, Juan Pablo López. Tamén entrevistamos a Fabio González que dirixirá este venres a primeira cata que se organiza no Ateneo Casino de Monforte. E entre outros asuntos, falamos de teatro coa actriz Fina Calleja, de Sarabela Teatro, que hoxe no Multiusos representarán "A lingua das bolboretas".