Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 16/09/2022

Programa completo do 16/09/2022

Manola Porto

MONFORTE DE LEMOS | 16.09.2022 14:16

Última fin de semana do verán con moitas actividades das que disfrutar como as Festas do Carmen en Sober, onde estará actuando a artista do Incio Lucía Pérez. Conversando con ela abrimos o programa de hoxe. E Festa da Vendima esta fin de semana no Saviñao, buscamos a última hora deste evento conversando coa concelleira de cultura Beatriz Rois. As familias xitanas que viven na zona de As Lamas reclaman suministro eléctrico. Unha situación que repasamos coa tenente alcalde Gloria Prada coa que veñen de reunirse. Representates dun GDR de Letonia estivo de visita na Ribeira Sacra para coñecer iniciativas turísticas que lles poidan servir de exemplo para desenrrolar no citado país. Fixo de anfitrión o GDR Ribeira Sacra Courel e facemos balance da visita conversando co xerente, Martin Alemparte. E para evitar erosión do terreo máis afectado polo lume no Courel, bota palla persoal das brigadas forestais. Traballos que supervisan os técnicos do CIF de Lourizán. Falamos cunha desas técnicas, con Cristina Fernández.