Abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola e acompañados do técnico Alfonso Losada, falamos das elaboracións en barrica con Fernando Zamora, un dos maiores especialistas nesta materia. Facemos balance do Foro Territorios Patrimonio conversando co director do mesmo, Carlos Montilla. Repasamos actividade da Coral Renfe que prepara actuación para este domingo, conversando coa presidenta da mesma, Pilar Rodríguez. Entre outros asuntos, falamos tamén da Aula Mentor que poñen en marcha no concello de Sober e da actividade da Aula de Informática con Rocío Fernández.