Abrimos programa conversando con Xurxo Souto que este sábado presenta libro en Monforte. É unha das moitas actividades culturais organizadas para esta fin de semana das Letras Galegas que repasamos. Unha ponte con previsión de boa ocupación no sector hostaleiro da Ribeira Sacra. Falamos desto con Alexandra Seara, xerente do Consorcio Turístico. Repasamos co voceiro de Esperta Monforte, Germán Vázquez, iniciativas que levarán ao próximo pleno do día 31. UUAA reclama que se autoricen batidas de xabarín para evitar que sigan aumentando os danos que están provocando xa no sector agrario. Entre outros asuntos repasamos tamén novas do concello de Pantón conversando co alcalde José Luis Álvarez.