En marcha o 2º Plan Reactiva para a hostalería de Monforte. Hoxe publica o BOP as bases para solicitar estas axudas cunha contía fixa de 2.000 €. Poden beneficiarse 98 establecementos. Falamos desto co alcalde José Tomé Roca. Fomentar o emprendemento no entorno do Camiño de Santiago e o Camiño de Inverno, obxetivo dunha iniciativa que promove a Rede de "Ciudades y Territorios Creativos de España" que preside a monfortina Belén Elisa Díaz. Conversamos con ela para coñecer algo máis da iniciativa. Correos amplía servizos achegando ás zonas rurais prestacións que ata o de agora só realizaban nas oficinas. Nesta provincia están implicados neste proxecto piloto 212 carteiros rurais. Falamos con Xosé Chorén, xefe do sector de oficinas de Lugo. Aberto o prazo para solicitar o bono turístico da Xunta, preguntamos pola repercusión que ten o mesmo a Francisco Xavier Almuiña, presidente da Asociación Profesional Ribeira Sacra Rural.