Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 13/09/2021

Programa completo do 13/09/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 13.09.2021 14:27

Fin de semana de alivio nas restricións do sector hostaleiro de Monforte. Cambios dos que falamos con Beatriz Vila, delegada da Asociación de Hostalería que fai tamén balance da presenza desta Asociación en "La Vuelta". Sube a 59 o número de afectados pola Covid na Residencia Domus Vi de Monforte. Da situación na que está este centro falamos con Constantino Piñeiro, técnico da Consellería de Política Social. Co alcalde de O Incio, Héctor Corujo, repasamos novas posibilidades que se abren no encoro de Vilasouto tras autoriza a CHMS a navegación no mesmo. Entre outros asuntos da actualidade máis próxima, falamos tamén da apertura do Centro de Atención ao Peregrino que vén de inaugurar o alcalde de Monforte.