Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 13/05/2021

Programa completo 13/05/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 13.05.2021 14:19

No espazo que cada xoves adicamos a repasar historia local, Felipe Aira lembra hoxe ao gremio dos zapateiros, precursores da industria do calzado que aínda se conserva hoxe. O BNG solicita a posta en marcha dun plan arqueolóxico no entorno de San Vicente e Santiago de Castillón. Unha proposta que levarán ao Parlamento Galego. Falamos desta iniciativa e de outras presentadas no concello de Pantón, coa voceira nacionalista Rosana Prieto. Vicente Vázquez de CIG - Saúde denuncia problemas para cuadrar vacacións do persoal de enfermería no Hospital Comarcal por falta de persoal no citado servizo. Dos Bonos Impulsa da Deputación de Lugo, que onte presentaron en Monforte, falamos co Deputado de Promoción económica, Pablo Rivera. E atendemos tamén ás xornadas de portas abertas que ten en marcha o Club de Voleibol Ribeira Sacra, conversando coa presidenta do mesmo Yolanda Maciñeiras.