Sae á luz unha muralla de seis metros de ancho e catro de alto no xacemento de Penas do Castelo. Buscamos máis información conversando co arqueólogo que dirixe as obras, Benito Vila. O concello de Monforte saca a licitación a urbanización dunha superficie que ronda os 21 mil metros. Unha iniciativa que repasamos co alcalde, José Tomé Roca. Entre outros asuntos, conversamos tamén con Cristina Fernández, investigadora do C.I.F. de Lourizán que con outros técnicos, avalía medidas de recuperación das zonas queimadas no incendio de Ribas de Sil.