Con Manola Porto e Lorena Gallardo

MÁS DE UNO MONFORTE 09/09/2022

Programa completo do 09/09/2022

Manola Porto

MONFORTE DE LEMOS | 09.09.2022 14:34

O CCU de Monforte organiza para esta fin de semana unha Festa Infantil con inchables e outras sorpresas que repasamos con Ángel Folgueira, xerente da Asociación de Comerciantes que nos adianta tamén outras actividades que están programando de cara ás próximas semanas. Recadar cartos para seguir financiando intervencións no Castro de San Lourenzo, en Cereixa, no concello de A Pobra do Brollón, é un dos obxetivos dun CD que veñen de gravar entre outros Xosé Maceda e Suso Vila, que nos contan algo máis desta experiencia e nos cantan algúnhas das cancións incluídas no citado traballo. Entre outros asuntos, falamos tamén da Romería de Augas Santas que se recupera esta fin de semana despois de dous anos sen celebrarse pola pandemia. Repasamos programa con José Luis Labariñas, membro da comisión organizadora.