O concello de A Pobra do Brollón recupera o Festival As Cores do Outono, que por mor da pandemia leva dous anos sen celebrarse. Repasamos programa e outras novas do citado concello, conversando co alcalde Xosé Lois Maceda. Un grupo de alumnas do IES A Pinguela elaborou un estudio socioeconómico da zona co que participou nun concurso internacional. Falamos con elas, Carla, Paula, Alba e Jenifer, e coa profesora que as dirixiu, Maria Vidal. Para o concurso "La Receta de tu vida" de Salgado Congelados, hoxe falamos con Carmen Vázquez, do Restaurante A Cantina. Entre outros asuntos, tempo tamén para o taekwondo, falamos do Neka que compite maña en Pamplona, co adestrador José María Vega.