Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 03/12/2021

Programa completo 03/12/2021

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 03.12.2021 14:23

Boas previsións de ocupación na Ribeira Sacra para a ponte da Constitución segundo os datos que manexa o Consorcio Turístico. Repasamos datos coa xerente Alexandra Seara. Este venres préndese o alumeado de Nadal en Monforte, máis arcos, máis presusposto e un cono a modo de abeto de 14 metros de altura na Praza de España. Iluminación da que falamos co alcalde monfortino José Tomé Roca. Os servizos do centro de Saúde de Pantón, seguen sendo noticia. De xeito provisional hoxe tiveron o terceiro médico que reclaman pero a praza aínda non está cuberta de xeito definitivo. Falamos delo co alcalde de Pantón, José Luis Álvarez. E sigue crecendo a incidenica da Covid nesa zona sur, hai xa casos en todos os concellos e do Saviñao é un dos ingresados no Hula en coidados intensivos. Datos que repasamos co rexedor Carlos Armesto. E despois de varios meses pechada ao culto por obras, desde este domingo volve haber misas na Igrexa da Nosa Señora da Antiga. Falamos co Javier Agudo, xerente da Fundación da Igrexa. E a receita para o concurso de Salgado Congelados chéganos hoxe do Restaurante O Fogón en Cereixa no Concello de A Pobra do Brollón.