Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 02/06/2021

Programa completo 02/06/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 02.06.2021 14:13

Adicamos hoxe o espazo "Facendo Empresa" a repasar a historia da Panadería Carude que leva aberta en Monforte 140 anos. Falamos co actual propietario Felipe Grande Pérez. Pasado, presente e futuro do turismo rural na Ribeira Sacra vén de ser analizado nun foro organizado por Ribeira Sacra Rural, a Asociación que agrupa a Casas de Turismo Rural e outras empresas turísticas neste espazo xeográfico. Falamos co Presidente Francisco Xavier Almuiña. E na recta final do curso escolar fai hoxe en Monforte balance do mesmo o secretario de ensino de CCOO, José Fuentes. Con él repasamos outros asuntos do ámbito educativo polos que hoxe visita os centros educativos deste concello. Repasamos datos do paro e incidencia da Covid, que segue sendo alta en Monforte polo que este concello seguirá con nivel medio de restricións.