Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 01/12/2021

Programa completo do 01/12/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 01.12.2021 14:28

Malestar en Pantón porque chegado decembro non se cubriu a praza do terceiro médico no Centro de Saúde. Anuncian iniciativas no Parlamento dende o BNG e o PSOE. Escoitamos á deputada nacionalista Carmen Aira e o deputado socialista Luis Álvarez. O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, reclama unha reunión urxente con Conselleiro de Sanidade e o Xerente da Área Sanitaria, Ramón Ares, insiste en que a praza non será amortizada, que será cuberta encanto dispoñan de persoal. E en Pantón veñen de presentar os resultados da intervención arqueolóxica levada a cabo no Preguntoiro en Pombeiro. Confirmado que terá continuidade, facemos balance con Xurxo Ayán o arqueólogo que dirixiu o proxecto. E adicamos hoxe o espazo "Facendo Empresa" a Fesport, un dos comercios pioneiro na venda en Monforte de material deportivo.