Valentín González Formoso en Onda Cero

Formoso matiza que «non estamos en primarias» e que o seu posible postulamento á Xunta «non é o asunto do día, nin da semana nin do mes»

O secretario xeral dos socialistas galegos sinala que está centrado na xestión xa que «á cidadanía o que menos lle preocupan son unhas primarias dos socialistas, sobre todo a destempo». Atribúe as súas manifestacións sobre a disposición a ser candidato do PSdG á Xunta a unha «contestación ao mundo periodístico». Valentín González Formoso resposta así en OndaCero a unhas manifestacións realizadas, tamén nesta casa, por David Regades, secretario do PSdG-PSOE na provincia de Pontevedra. Regades lembraba que a prioridade son as municipais, que así llo transmitiu no seu momento aos dous candidatos nas primarias (Formoso e Caballero) e «os dous se comprometeron a que sería así». Declaracións en Más de Uno Coruña e Más de Uno Vigo, respectivamente.

ondacero.es

Galicia | 12.04.2022 15:22