CON ALBERTO GÓMEZ BARROS

Más de Uno A Coruña 23/2/2022

Celebramos o 185 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Beatriz Maceda, autora do manifesto deste ano e membro da directiva da AELG, fálanos dos actos que se celebrarán a partir das 17 horas diante do Teatro Rosalía na Coruña. Tamén falamos con Alberto Pastoriza, da Asociación Mallos Unidos, despois de coñecer os datos sobre criminalidade dados a coñecer polo Ministerio do Interior e que deixan cifras preocupantes relativas á cidade da Coruña.

Alberto Gómez Barros

A Coruña | 23.02.2022 14:23

Difunto en la Ronda de Outeiro
Difunto en la Ronda de Outeiro | Onda Cero Coruña

Como todos os mércores, achegámonos ó Concello de Arteixo. Mañán hai pleno municipal con protagonismo á normativa de Plusvalías, da que nos da conta o alcalde, Carlos Calvelo. Tamén falamos con Santiago Vázquez, do Grupo Naturalista Hábitat, que nos contou cómo mudaron as conductas das gaivotas e das andoriñas, cando ainda falta un mes para a chegada da primavera. Repasamos a actualidade da Coruña, da sua comarca, de Ferrol e de FerrolTerra. E os Deportes, escoitando a Álex Bergantiños, que xogou o partido 300 co Deportivo o pasado domingo ante o Calahorra e que, pendente do seu futuro máis aló do 30 de xuño de 2022, ten como obxectivo deixar ó Deportivo na segunda División, porque foi na segunda División a categoría na que debutou co primeiro equipo en 2011.

Más de Uno Onda Cero A Coruña, de lunes a viernes, entre as 12:35 e as 14:00 horas.