MÁS DE UNO CORUÑA, 13/02/2023

O Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, abordou diferentes reivindicacións das ANPAS da Coruña e a sua comarca

Más de Uno, Onda Cero Coruña, de lunes a viernes, entre las 12:30 y las 14:00horas.

Redacción

A Coruña | 14.02.2023 10:23

Román Rodríguez, conselleiro de Educación

Abrimos programa con entrevista a Román Rodríguez, conselleiro de Educación e Cultura da Xunta. Román Rodríguez defende que a dotación de mestres de apoio no CEIP Cruz do Sar de Bergondo é a que marca o catálogo. Asímesmo, recoñece a boa vontade dos das nais e pais do ANPA que se concentraron nas últimas horas, porque din que quedan nenos con necesidades especiais sin atender.

Tamén houbo tempo para abordar os problemas de seguridade no CEIP María Pita, da Coruña. O conselleiro descarta eleva-los muros para evita-lo botellón e as xuntanzas de personas alleas ó centro durante a fin de semana. E resalta que é responsabilidade do concello coruñés, que xa puxo un garda de seguridade.

Con Alberto Gómez Barros achegámonos ás obras en Ramón y Cajal, con carrís pechados entre a Casa do Mar e a Avenida de Oza, coincidindo coa construcción da rotonda diante do centro de atención médica e os accesos ó porto da Coruña. Falamos con Xefe de Obra, Esteban González, que fai unha previsión de duas semanas de obras, unha semana máis en caso de que o tempo non acompañe.

E as seccións do luns. Fixemos empresa con Amigos Maduros, adicada á axuda no fogar. Con Marcos Seoane, coñecimos ó novo director do Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia, Carlos Mena.

Repasamos a actualidade informativa con Pilar Ozores, Luís Llera e Alberto Gómez Barros. E con Gómez Barros analizamos cómo lles foi ós nosos equipos a fin de semana, destacando o empate do Deportivo en San Sebastián de Los Reyes. E a victoria do Racing de Ferrol ante o Fuenlabrada, que o volve a meter en postos de play off de ascenso á segunda División.