Folga en As Pontes, convocada pola CIG

Alberto Amable: "Necesitamos un plan industrial de choque en As Pontes que dé alternativas a curto prazo"

Folga no Concello de As Pontes. É un paro de catro horas, desde as once ata as tres, con manifestación a esta hora pola vila. O sindicato convocante, a CIG, denuncia a crítica situación socioeconómica na que se atopan e pide que se cumpran os compromisos das administración para acadar unha transición xusta.

Pilar Ozores

A Coruña | 23.11.2023 15:07

Folga xeral en As Pontes

Nas vindeiras semanas pechará a central térmica de As Pontes, tamén está anunciado un ERE en Einsa Print e ante esta situación, moitos veciños otan por deixar o concello. Son xa menos de dez mil habitantes e a poboación envellece. Por iso reclaman medidas urxentes e a curto prazo.

A folga conta co apoio do Concello de As Pontes e na mobilziación participa a portavoz nacional do BNG.