O Grove foi a localidade máis agraciada polo Gordo. Repartiron catro millóns de euros.
Na Porta do Sol de Vigo venderon un décimo. E a administración máxica deste sorteo foi a da rúa Ramón González, 7, do Porriño. Tocada polo Gordo, un cuarto e un quinto premio.
Do segundo premio vendeuse unha serie na administración da rúa Rubalcava en Ferrol.
Un petisco do terceiro vendeuse en Ourense... Pero os cuartos os que deixaron máis cartos en Galicia. O 38.341 vendido na rúa Urzaiz, Vigo. 10 millóns de euros. Ou o 75 981 na praza de abastos de Cambados.
Repartidísimos os quintos. A Coruña, Becerreá, O Carballiño, Lourenzá, Santiago, Teo, Vedra, Noia, Lugo, Aranga, Ponteareas, Meis... Espallídisimos por Galicia.
Redacción
Santiago de Compostela | (Publicado 22.12.2020 14:02 )