Durante a primeira sesión de control despois do verán
Alfonso Rueda anuncia a creación de 3.400 novas prazas en Educación Infantil
O presidente da Xunta avanzou que se habilitará unha liña de axudas dirixida aos concellos para poder crear estas novas prazas en educación infantil. Asimesmo, Alfonso Rueda confirmou que o Consello da Xunta vai aprobar unha nova convocatoria do Bono Activa Comercio. Foi na súa resposta á pregunta feita pola portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. A nacionalista reclamou a convocatoria urxente do Debate de Política Xeral na Cámara. Escoitamos o son de parte da sesión de control en Onda Cero Galicia.