noticias turísticas

Onda Cero Galicia

03/10/2016 13:33

Gente Viajera de Galicia (30-09-2016)

A viaxe desta semana lévanos ata Toulouse e París da man do director Ignacio Vilar e o seu novo filme "Sicixia" rodado na Costa da Morte. Percorreremos territorio galego partindo de Compostela para coñecela en 3D, pasando por máis de 20 restaurantes que colaboran ata novembro coa ONG Acción contra el Hambre, e descansando no Hotel Bosque Mar do Grove en plena conta atrás para comezar a Festa do Marisco.

Onda Cero Galicia

26/09/2016 13:41

Gente Viajera de Galicia

A accesibilidade dos museos en Galicia e a desestacionalización do turismo apostando pola oferta rural son dúas das cuestións que guían a nosa viaxe este venres. Na cociña fusionamos produto galego e xaponés conversando coa chef de A Estación (Cambre), Beatriz Sotelo. E no tempo da entrevista convidamos a ROSA CEDRÓN para viaxar polo mundo co seu novo disco "Nada que perder" como banda sonora

Onda Cero Galicia

19/09/2016 14:20

Gente Viajera de Galicia (16-09-2016)

Esta semana percorremos Galicia en autocaravana para coñecer as instalacións coas que conta este colectivo cada vez máis numeroso, comemos en Lugo nun posto do mercado e durmimos nunha das localidades máis devastadas polos incendios na Reserva da Biosfera do Xurés, Entrimo. Ademais de repasar a actualidade da semana e marcar AXENDA, viaxamos polo mundo cunha galega viaxeira, Solange Pereira, atleta afincada en Cangas do Morrazo .

Onda Cero Galicia

12/09/2016 12:09

Gente Viajera de Galicia 09-09-2016

Comezamos nova temporada viaxando por Galicia para coñecer o novo proxecto en Negreira do chef vasco Juan Mari Arzak e as rutas por Bueu que integran a programación paralela ao Festival Internacional de Curtametraxes FICBUEU. Repasamos a actualidade do sector cunha primeira parada en directo no Porriño e marcamos unha axenda de ocio para a fin de semana. De viaxe polo mundo lévanos unha galega viaxeira natural de Tui: Andrea González, pianista e investigadora

Onda Cero Galicia

30/06/2016 10:37

Gente Viajera de Galicia 24-06-2016

Pechamos esta temporada visitando o Mosteiro de San Martiño Pinario en Compostela, comendo de tapas por Marín e chequeando como funcionaron as reservas hoteleiras de San Xoán a través de plataformas online como trivago. Ademais conversamos coa decana da Facultade de Turismo de Ourense para coñecer o nivel de inserción laboral dos estudantes universitarios neste sector. E, no tempo da entrevista coñecemos o proxecto educativo "Ponte a Europa" impulsado desde Pontevedra. Feliz verán 2016! Volvemos en setembro!

Onda Cero Galicia

20/06/2016 14:42

Gente Viajera de Galicia 17-06-2016

A viaxe deste venres lévanos por medio mundo gracias á Sandra Candal, convidada no tempo da entrevista e autora do blog elviajedemivida.es. Con Sandra falamos desde A Coruña, onde acaba de instalarse despois de catro meses viaxando por Asia e Latinoamérica. Repasamos a actualidade do sector, marcamos unha axenda de ocio e festiva e coa nosa guía 4x4 visitamos o Acuario do Grove, comemos no único restaurante con Estrela Michelín na provincia de Ourense, e durmimos a carón do Monte Pindo en Carnota

Onda Cero Galicia

14/06/2016 14:35

Gente Viajera de Galicia 10-06-2016 Especial Abanca Semana Verde de Silleda

Esta semana viaxamos ata Silleda para vivir desde dentro a Semana Verde de Galicia. Conversamos co director da Feira, Ricardo Durán e co alcalde da vila anfitriona, Manuel Cuiña. Ademais coñecemos algunhas das novidades gastronómicas que se presentan este ano e relaxámonos no hotel e spa Via Argentum

Onda Cero Galicia

07/06/2016 11:28

Onda Cero Galicia

07/06/2016 11:28

Gente Viajera de Galicia 03-06-2016

Repasando a actualidade da semana comezamos unha nova viaxe que nos vai levar ata Nova York da man de Cristina Pato, a galega viaxeira convidada no tempo da entrevista. E coa nosa guía 4x4 emprendemos rumbo con destino Galicia visitando as microrreservas de orquídeas no Courel, comendo en Corrubedo no multiespazo Benboa e durmindo nun concello Reserva da Biosfera: Allariz, en pleno centro histórico e contemplando o río Arnoia desde as habitacións do Hotel Torre Lombarda. Como cada venres completamos a viaxe cunha axenda cultural e de ocio para desfrutar da fin de semana en Galicia

Onda Cero Galicia

30/05/2016 14:53

Gente Viajera de Galicia 27-05-2016

Este venres a cidade de Pontevedra é o noso destino para coñecer a transformación urbana vivida na última década. A exposición "Teu Pontevedra" na Praza de Ourense vai ser a nosa guía para percorrer a Pontevedra actual que recibe premios por todo o mundo e convites para presentar o seu modelo urbano. Falamos co alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o responsable de Mobilidade, Luis Bará. Ademais saimos á rúa para escoitar as opinións de veciños e visitantes e coñecemos a opinión do pedagogo italiano, Francesco Tonucci, promotor da "Cidade dos Nenos". E como cada venres completamos o plan de viaxe repasando a actualidade da semana e marcando unha axenda de ocio para desfrutar da fin de semana

Onda Cero Galicia

02/05/2016 10:09

Gente Viajera de Galicia 29-04-2016

Este venres en Gente Viajera de Galicia imos ata GRECIA pero a viaxe fáisenos dura porque non imos de turismo, imos coñecer a realidade de LESBOS e IDOMENI con tres galegos viaxeiros solidarios que acaban de volver dos campos de refuxiados sirios. Ademais, emprendemos ruta con DESTINO GALICIA para facer Perriturismo, comer e beber (con moderación...) na Feira do Viño de Vilachá de Salvadur na Pobra do Brollón, e durmir nun cinco estrelas mirando ao mar na cidade da Coruña, no Hotel Finisterre. Marcaremos tamén unha axenda cultural e de ocio para desfrutar da fin de semana a ritmo de Dirty Dancing