Temas

Kalandraka

Semana do Libro con Kalandraka

María Campos e Carlos Yus len para nós “Contos por teléfono”

Hoxe acompáñanos Migallas Teatro para lernos un fragmento de “Contos por teléfono” de Gianni Rodari, ilustrados polo artista galego Pablo Otero. As palabras, os contos, as páxinas dos libros… esta semana son os nosos protagonistas para celebrar o 23 de abril: cada día, un libro para soñar con Kalandraka.

Semana do Libro con Kalandraka

Luz Gallego le para nós "Os contos da avoa Pepa"

As palabras, os contos, as páxinas dos libros… esta semana son os nosos protagonistas para celebrar o 23 de abril: cada día, un libro para soñar con Kalandraka. Hoxe acompáñanos Luz Gallego, da Libraría Seijas de Pontevedra, para lernos un fragmento de “Os contos da avoa Pepa”, do escritor galego Francisco Fernández Naval, con ilustracións do artista Manolo Figueiras, que é profesor no Instituto Torrente Ballester en Pontevedra.

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (24-07-2017)

A actualidade do día, as opinións da rúa e os eventos do Casino La Toja centran a atención da primeira parte do programa. A música do ciclo Son & Sal (www.pacolola.com) e as novidades da editorial pontevedresa Kalandraka son as protagonistas do segundo tramo antes de abrir o habitual espazo de motor dos luns e unha nova edición de "Cántamo... en galego!"

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (19-05-2017)

Nesta semana das "Letras Galegas" propoñemos unha viaxe polo mundo seguindo as pegadas dos libros e do traballo dunha editorial galega internacional como Kalandraka: Xosé Ballesteros, director e co-fundador, é o noso convidado no tempo da entrevista. Visítanos a directora da nova revista PINCHA, Rebeca Munín, para organizar unha escapada a Santiago de Compostela. Abrimos axenda coa proxección do filme "Sicixia" de Ignacio Vilar en Ponteareas e visitamos A ESTRADA para degustar o mellor salmón na nosa viaxe express de cada venres.

Onda Cero Galicia-Programa especial desde Culturgal

Gente Viajera de Galicia (02-12-2016) Especial Culturgal dende Pontevedra

Este venres saímos dos estudio e visitamos o recinto Feiral de Pontevedra onde se celebra o CULTURGAL 2016.Esta ano é a novena edición da Feira das Industrias Culturais de Galicia e entre música, libros,cine, teatro e arte viaxamos por toda Galicia.Conversamos co director da feira, Xose Manuel Aldea e co encargado do Restaurante Fogar de Santiso.Coñecemos de primeira man a cultura patrimonial da provincia de Pontevedra co deputado Xosé Leal e Anxos Riveiro, concelleira de Pontevedra profundiza na cultura do concello. A editorial galega de ámbito internacional Kalandraka preséntanos as súas novidades e rematamos con Francisco Gonzalez, presidente do Cluster Turismo de Galicia.