cantamo en galego

ONDA CERO PONTEVEDRA

18/07/2022 15:01

Más de Uno Pontevedra 18/07/2022

Comezamos o programa coa actualidade do día e conversando con Rubén Pérez, portavoz de "Galicia, mellor sen touradas". Buscando a previsión metereolóxica para as vindeiras horas e recibimos a visita e Rodrigo Cota. Como cada luns, acompáñanos Abel Millán coa súa sección de motor e, ademais, completamos o programa poñendo ritmo ao inicio da semana cunha nova edición de "Cántamo... en galego!".

MÁS DE UNO PONTEVEDRA

13/06/2022 15:18

Cántamo en galego 13/06/2022

Escoita a sección musical de Máis de Un Pontevedra en "Cántamo...en galego! Hoxe escoitamos a Ukestra do Medio con "Promesas", García MC con Nastasia Zürcher en "Flamante", Astarot e "Camariñas" e o último das Tanxugueiras con "Desidia"

Cántamo... en galego!

06/06/2022 14:17

O Surfing the Lérez regresa á Illa do Covo na súa décima edición

O Surfing the Lérez volve con ánimos renovados, con tres xornadas de música e actividades en directo, entre o 23 e o 25 de xuño, coincidindo nunha data tan sinalada como é a propia celebración do San Xoán. Conversamos con Marcos Rivas para coñecer o programa do festival que volverá converter a Illa do Covo no escenario principal da festa, que contará con varios escenarios onde distribuír as ducias de concertos que se sucederán ao longo do día.

MÁIS DE UN PONTEVEDRA

30/05/2022 15:00

Cántamo en galego 30/05/2022

Hoxe escoitamos a Berto con "Absolución", facemos soar un poema musicado de Florencio Delgado Gurriarán adaptado e interpretado por Lara Villaverde e Fran Gómez que se titula "Un guerrilleiro". A música para o público cativo estará moi ledo con "Cantamos?" canción que se atopa no disco "Un día con papá". Finalizamos con datas de concertos e co ritmo de Guadi Galego e Lisandro Aristimuño en "Balada de verán".

ONDA CERO PONTEVEDRA

23/05/2022 14:35

Cántamo en galego 23/05/2022

Cada luns poñemos ritmo con artistas, bandas e músicos galegos que cantan en galego. Hoxe hai novidades e escoitamos a Uxia Lambona e a Banda Molona co tema "Máis galego", Uxía con "Érguete, miña amiga" e finalizamos con Grande Amore e "Esta pena que a veces teño". Ademáis, xa temos datas de concertos no Portamérica deste 2022

Onda Cero Pontevedra

09/05/2022 15:33

Cántamo en galego 09/05/2022

Todos os luns poñemos bo ritmo con artistas galegos en galego!!! Escoita as novidades dos grupos e bandas. Hoxe escoitamos a Moura, a Rebeliom do Inframundo e a MJ Pérez.

MÁIS DE UN PONTEVEDRA

25/04/2022 14:38

Cántamo en galego 25/04/2022

Neste último luns de abril escoitamos moitas novidades musicais!! (RE) SER (VADO) é o primeiro sinxelo extraído do EP de Carolina Rubirosa "Alén do mar". Trátase dun poema da autora galega Yolanda Castaño, convertido en canción con músicas orixinais escritas e interpretadas por Carolina Rubirosa.

CON SUSANA PEDRERIA

11/04/2022 14:10

CON SUSANA PEDRERIA

11/04/2022 14:10

Más de Uno Pontevedra 11/04/2022

Comezamos o programa coa actualidade do día e conversando co alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín. Buscamos a previsión metereolóxica para as vindeiras horas e coñecemos os detalles da Pontevedrada que organiza Asampo este 23 de abril. Como cada luns, concedemos protagonismo ao mundo do motor con Abel Millán e completamos o programa cunha nova edición de "Cántamo... en galego!".

ONDA CERO PONTEVEDRA

28/03/2022 14:57

Cántamo en galego 28/03/2022

Neste primeiro luns de primavera escoitamos a ITH con Mercedes Peón en "Medo a perder", a Secho co tema "Recuperar", a banda Moura con "Baile de dentón" e finalizamos con Sheila Patricia e "A Moura".

Máis de Un Pontevedra

21/03/2022 14:51

Cántamo en galego 21/03/2022

Os luns poñemos ritmo con artistas galegos cantando en galego. Hoxe temos moitas novidades musicais. Escoitamos a Xabier Díaz, A Banda da Loba, Budiño e a Grilo.