Cántamo... en galego!

O Surfing the Lérez regresa á Illa do Covo na súa décima edición

O Surfing the Lérez volve con ánimos renovados, con tres xornadas de música e actividades en directo, entre o 23 e o 25 de xuño, coincidindo nunha data tan sinalada como é a propia celebración do San Xoán. Conversamos con Marcos Rivas para coñecer o programa do festival que volverá converter a Illa do Covo no escenario principal da festa, que contará con varios escenarios onde distribuír as ducias de concertos que se sucederán ao longo do día.

Redacción

Pontevedra | 06.06.2022 14:17