Os luns queremos ter un bo ritmo e para iso escoitamos música en galego feita en Galicia. Hoxe falamos de Culturgal e os seus concertos, por iso facemos soar Promesas" de Ukestra Do Medio, "Nunha Estrela" de Antía Muíño, "Estrelas verdes" de Berto e finalizamos con unha canción de Néboa " 22:19 - O soño e a calma" (con Antía Ameixeiras & sús)
Abrimos o programa coa actualidade da xornada e buscando a previsión metereolóxica para as vindeiras horas. Abrimos tempo de entrevista con Marta Blanco desde Galáurea e, como cada luns, falamos do mundo do motor con Abel Millán e escoitamos música nunha nova edición de "Cántamo... en galego!".
Para comezar a semana necesitamos o ritmo de Cántamo...en galego!!! O que escoitamos son todas novidades do panorama musical galego. Comezamos ca canción "A Virxe Do Portovello" con Tanxugueiras e Rozalén. A continuación facemos soar "Avelaneiras Frolidash" de LaMontagne e PicoAmperio, seguimos con Catuxa Salom e o seu tema "Chicharras". Finalizamos con SÉS e "Para cando eu morra"
Abrimos o programa coa actualidade da xornada e conversando coa madriña da Gran Recollida de Alimentos deste ano, Alba Lago. Buscamos a previsión metereolóxica para as vindeiras horas e abrimos tempo de entrevista co director da Feira Internacional de Galicia ABANCA, Ricardo Durán. Como cada luns, falamos do mundo do motor con Abel Millán e escoitamos música nunha nova edición de "Cántamo... en galego!".
Para comezar a semana necesitamos o ritmo de Cántamo...en galego!!! Hoxe facemos soar o novo de Monoulious DOP con "Sábado", continuamos co descubrimento de Noelia Perpetuo e o tema "Nós" e do grupo Bonhomía, formado por Carolina García e Pablo Araújo con" Caixa de cartón", ambos participaron no certame infantil e xuvenil de Quero Cantar que promociona a Deputación da Coruña.
Abrimos o programa coa actualidade da xornada, marcada polo incendio de Pontesa, e buscando a previsión metereolóxica para as vindeiras horas. Abrimos tempo de entrevista co alcalde de Lalín, José Crespo, e falamos do mundo do motor con Abel Millán. Ademais, como cada luns, escoitamos música nunha nova edición de "Cántamo... en galego!".
Escoita a sección musical de "Más de Uno Pontevedra". Centrámonos na festa do Samaín e por iso fixemos unha escolma de diferentes estilos musicais de bandas e artistas galegos que cantan sobre esta festa tan particular, ademais facemos soar "Cantan as balas", un adianto do último de SES, xa que o 25 de este mes presenta novo disco “Diante un Eco”
Como cada luns, compartimos música e talento neste espacio musical e escoitamos a Antía Muíño con "Canta, miña compañeira", a banda de Néboa e so seu tema " A vida que me chega", continuamos con Berto e "Bágoas de cocodrilo" e finalizamos con Grande Amore.
Iniciamos a semana repasando as incidencias do primeiro temporal do outono e pendentes do pleno da corporación municipal de Pontevedra. Na sesión deste luns aprobouse o PMUS (Plan de Mobilidade Urbana Sostible), cos votos a favor dos grupos políticos do goberno: BNG-PSdeG. Tamén, en tempo de actualidade, analizamos as últimas novas do concello de Pontecaldelas; conversamos co seu alcalde Andrés Diaz. Dedicamos tempo a iniciativas da CEP no fomento da Igualdade e coñecemos os novos prazos de matriculación para inscribirse na oferta académica da UNED, institución que estará presenta nunha nova edición de Edugal. Falamos co seu director.
Visitamos Vilagarcia para coñecer máis do espectacular programa do Festival de Curtas. E, como cada luns, compartimos música e talento no espacio 'Cántamo en Galego'.
Os luns poñemos ritmo a semana cos artistas da nosa terra. O que escoitamos son todas novidades que nos presentan as direfentes bandas. Comezamos con Familia Caamagno e "Máquina virtual", seguimos con Fillas de Cassandra e "Lisístrata (varre vasoira)", continuamos con Brais Mora e Nasaufunk e finalizamos con LaMontagne e PicoAmperio co tema "Porque no mundo"