O concello de Verín foi condeado polo xulgado contensioso-administrativo número 2 de Ourense a indemnizar ao sindicato CIG con 2000 euros por ordenar retirar unhas pancartas nas que defendían os postos de traballo dos traballadores do parador de monterrei. O tribunal ve nulo e non axustado a dereito a retirada dos carteis por considerar que vulnera dereitos fundamentais de liberdade de expresión. Nas pancartas retiradas había fotos do alcalde verinense e mesmo do presidente do goberno nas que podía lerse "para qué eleximos a estes dous”. O sindicato advertiulle ao rexedor verinense e senador do PP Juan Manuel Jimenez Morán que seguirá a denunciar calqueira vulneración dos dereitos fundamentais.