Más de Uno Vigo

Domingo Villar: "Estes contos celebran a vida, a amistade e a luz"

O escritor vigués Domingo Villar visitaba esta mañá os estudios de Onda Cero Vigo para presentar a súa nova obra. "Algúns contos completos", publicado en galego por Galaxia (en español "Algunos cuentos completos", por Siruela) son unha recopilación de dez contos creados por Villar ó longo dos anos e que mantivera na esfera privada ate que estes meses de pandemia lle privaron da posibilidade de compartilos con amigos e familiares. Foi daquela cando decidiu publicalos.

Rubén Rey

Vigo | 10.09.2021 11:48

"Foi un tempo inconvinte, e botaba de menos o brindar, o compartir, os abrazos. Por iso, este feixe de contos celebra a vida, a amistade a luz que volve. Tentaban ser contos sanadores. Penso que é un libro fermoso, que medrou moito cos linograbados do pintor Carlos Baonza", explicaba o autor en "Más de Uno Vigo". Este libro serve de paréntese ós casos do inspector Leo Caldas; Domingo Villar xa traballa noutra entrega desta saga, coa aparición duns restos en Oia que deberá escrarecer o popular investigador. E se cadra, o 2022 chegará coutra sopresa baixo o brazo, xa que ten preparada unha obra de teatro que podería ver a luz. O escritor, recoñecido afeccionado ó fútbol e gran seguidor do Celta, tamén deixou un prognóstico optimista sobre a temporada que poida firmar o equipo vigués