Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (30-11-2018)

Abrimos o programa co repaso pola actualidade do día e da semana e coa nosa sección máis comprometida co Medio Ambiente: sumámonos á compostaxe a través do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra. No tempo da entrevista conversamos con Antón Reixa, o escritor visitou Cronopios para presentarnos "Michigan/Acaso Michigan". Ademais, buscamos a predicción do tempo e, como cada venres, marcamos unha completa AXENDA cultural e de ocio para desfrutar da fin semana.