Industria audivisual

Pontevedra será a sede dos Premios Feroz en 2025 e 2026

O recinto feiral acollerá a ceremonia, con máis de mil persoas do sector audiovisual, o 25 de xaneiro.

Susana Pedreira

Pontevedra | 08.05.2024 13:38

Pontevedra será a sede dos Premios Feroz en 2025 e 2026
Pontevedra será a sede dos Premios Feroz en 2025 e 2026 | Cedida polo Concello de Pontevedra

Os galardóns, entregados pola Asociación de Informadores Cinematográficos de España, deixarán unha pegada de enormes dimensións na cidade de Pontevedra, sendo este un dos eventos máis relevantes e populares dentro da industria cultural de todo o Estado. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores; xunto coa presidenta do colectivo, María Guerra; foron os responsábeis de anunciar a noticia de enorme calado xa non só para o municipio, senón para toda a comarca e o país, ao ser Pontevedra a primeira cidade galega en ser sede desta cita en toda a súa historia.

No outono xa comezarán as actividades previas con encontros, charlas e coloquios arredor do audiovisual.