O grupo municipal do Psoe no Concello de Ourense urxirá no vindeiro pleno "que se execute un plan de acción no destino turístico de Ourense" ante a chegada do Ave. O voceiro do GMS José Angel Vázquez Barquero lembra que en Xaneiro de 2016 aprobouse por maioria unha moción que permitiu crear un grupo de traballo que comezou a elaborar un "plan estratéxico" para a chegada do ave. Sen embargo, malia as achegas políticas realizadas "todo está paralizado" según o goberno municipal "por falta de orzamentos". Para o grupo municipal do Psoe é preciso que ese informe serva de base para traballar ante a inminente chegada do ave afastandose das cores politicas. Ao mesmo tempo os socialistas pedirán que en colaboración ca Deputación,o concello comece a desenvolver un "plan de promoción turística das rutas xacobeas" de Ourense co gaio do Xacobeo 2021