Ourense Cidade

A plataforma "Nen un paso atrás" chama a mobilizarse contra os "ataques" de Vox

O Liceo de Ourense acolleu a presentación da plataforma feminista "Nen un paso atrás" que chama a movilizarse para rexeitar a partidos coma Vox ao que consideran "unha ameaza contra os dereitos adquiridos polas mulleres"

ondacero.es

Madrid |

Plataforma Nen un paso atrás | onda cero

A abogada Victoria Diéguez, voceira da plataforma asegura que coma feministas "non están en contra dos homes senon para salvagardar as conquistas das mulleres plasmadas na lei integral contra a violencia de xénero ou no pacto de estado contra a violencia machista". Victoria Diéguez asegura que o líder de vox en Andalucía está deslexitimado ao seren expulsado da carreira xudicial por prevaricar nun xulgado de familia. Diéguez nega, con datos da fiscalía do estado na man, que haxa moitas denuncias falsas de violencia de xénero xa que tan só duas non se consideraron verídicas dun total de 166.000 no ano 2017. Outra das integrantes da plataforma, a socialista Laura Seara (ex directora do instituto da muller) acusaba a Vox de "utilizar tácticas nazis para negar a violencia de xénero".

A plataforma feminista "Nen un paso atrás" nace simultáneamente a outras plataformas similares no estado integrada en Ourense tamén por colectivos coma Foro Feminista Falando Nós, o sindicato de enfermería Satse, Mulleres Rurais ou En clave feminista. O colectivo xa convocou para o 15 de xaneiro unha concentración en defensa dos dereitos das mulleres e está a difundir un manifesto asinado por mais de sesenta colectivos de mulleres de todo o estado no que reclaman unha resposta en clave electoral e apelan á "responsabilidade" dos demais partidos políticos.