Ourense Cidade

Ourense únese á celebración mundial do día do Cirrio

Este venres día 7 de xuño a nosa cidade unirase ás celebracións que se levarán a cabo en diferentes partes do mundo para dar a coñecer esta fascinante e misteriosa ave migratoria

Óscar Gómez

Ourense | (Publicado 06.06.2019 08:11 )

Dia mundial de Cirrio | onda cero

Da man de Laura Iglesias e Bárbara Rodríguez, e co apoio de Sociedade Galega de Historia Natural, levarase a cabo unha xornada divulgativa destinada a dar a informar sobre estas incribles aves que chegan cada primaveira ás nosas vilas para criar, e que pasan a maior parte da súa vida voando.

Para elo instalarase desde as 18:30 h. un posto informativo ó pé da Ponte Romana, nas inmediacións da Praza Don Bosco, no que se repartirá información e mesmo se poderán observar os cirrios in situ ó tratarse a Ponte dun dos principais lugares de aniñamento na nosa cidade. Do mesmo xeito faráse unha pequena charla para dar a coñecer os seus hábitos, a problemática que a rodea, e crear conciencia sobre a necesidade de preservala.