Automoción en Ourense

Ourense acolleu unha exposición das últimas novidades en vehículos ecolóxicos

Oito marcas presentaron os seus modelos máis eficientes nunha mostra dirixida aos profesionais do taxi e as autoescolas

ondacero.es

Ourense | (Publicado 27.05.2019 14:27 )

Automóbil ecolóxico | Onda Cero Ourense

Ourense acolleu o pasado venres unha exposición de vehículos ecolóxicos, organizada pola revista YOTAXI, dirixida aos profesionais do taxi e as autoescolas.

Un total de 8 marcas automobilísticas punteiras no sector participaron nesta mostra situada na Alameda de Ourense durante toda a xornada do 24 de maio, para dar a coñecer os seus vehículos non contaminantes ou de baixas emisións. Hyundai, Skoda, Renault, Dacia, Kia, Subaru, SsangYong, Peugeot e Nissan non quixeron faltar a este evento, que chegaba á súa segunda edición despois de lograr un gran éxito o pasado ano.

O vehículo ecolóxico deixará de ser excepcional proximamente e pasará a converterse na modalidade por excelencia que os conductores terán que empregar. Polo que, para achegarse ao futuro, foron numerosos os profesionais así como a cidadáns en xeral que visitaron esta exposición dos vehículos máis respetuosos co medioambiente.

Automóbil ecolóxico | Onda Cero Ourense