Medio Ambiente

A Xunta someterá a trámite ambiental o proxecto sectorial da cidade do transporte

A modificación proposta ten por finalidade recoller as variacións durante as obras de urbanización e permitir instalación dun aparcadoiro para camións, instalacións hoteleiras e unha estación de servizo en dúas parcelas desta superficie

Óscar Gómez

Ourense | 11.11.2020 08:50

A Xunta someterá a trámite ambiental o proxecto sectorial da cidade do transporte
A Xunta someterá a trámite ambiental o proxecto sectorial da cidade do transporte | La Region

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, trasladou ao alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández Moreiras, que o departamento que dirixe someterá nos vindeiros días a trámite ambiental o proxecto sectorial da Cidade do Transporte.

Ángeles Vázquez mantivo unha reunión, por videoconferencia, co rexedor municipal na que lle informou dos avances e da tramitación realizados polo Instituto Galego de Vivenda e Solo relativa a esta superficie empresarial.

A modificación do proxecto sectorial consiste na modificación de varias parcelas de uso dotacional privado, que os empresarios do Polígono de San Cibrao pretenden adquirir dúas parcelas de case 20.000 m2, para instalar un aparcadoiro de camións, instalacións hoteleiras e unha estación de servizo.

Nese sentido, a conselleira trasladou a máxima colaboración técnica por parte da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e do IGVS, para sacar adiante esta modificación deste proxecto, que foi promovido pola Xunta de Galicia, administración que destinou un orzamento de máis de 1,5 millóns de euros para executar a urbanización e os traballos técnicos.