Infraestructuras

A Xunta colabora na urbanización do entorno do CEIP Ben-Cho-Sey

O investimento do Goberno galego este ano no municipio ascende a case 118.000 euros e inclúe tamén as cubertas dos parques infantís nas urbanizacións de Tapada de Bouzas e de Veiga de abaixo

Óscar Gómez

Ourense | 08.01.2021 08:13

A Xunta colabora na urbanización do entorno do CEIP Ben-Cho-Sey
A Xunta colabora na urbanización do entorno do CEIP Ben-Cho-Sey | onda cero

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, visitou acompañado polo alcalde Luis Menor as melloras levadas a cabo no entorno do CEIP Ben-Cho-Shey, no concello de Pereiro de Aguiar.

Alfonso Rueda indicou que as obras levadas a cabo son a través das axudas do Fondo de Compensación Ambiental, que nesta convocatoria conta cun orzamento de 12,5 millóns de euros para financiar actuacións nos concellos destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración do medio ambiente e reequilibrio territorial.

O investimento do Goberno galego este ano no municipio ascende a case 118.000 euros e inclúe tamén as cubertas dos parques infantís nas urbanizacións de Tapada de Bouzas e de Veiga de abaixo e o mantemento da brigada de protección e mantemento de espazos ambientais conxuntamente co concello de Nogueira de Ramuín.

A Xunta leva investidos nos últimos anos arredor de 440.000 euros no municipio de Pereiro de Aguiar no marco destas axudas. A través destas subvencións, o Goberno galego apoia aos concellos galegos, en especial aos máis pequenos e con menos recursos, na mellora dos servizos municipais o que redunda positivamente no benestar dos seus cidadáns.