Ourense Cidade

O Psoe ten clara a ruta para "poñer fin o PXOM de 1986"

As políticas socialistas en mobilidade e espazo público son o escaparate do que os gobernos socialistas poden facer nas cidades nas que non gobernamos pero que gobernaremos a partir de maio de 2023

Óscar Gómez

Ourense | 29.09.2022 07:52

O Psoe ten clara a ruta para "poñer fin o PXOM de 1986"
O Psoe ten clara a ruta para "poñer fin o PXOM de 1986" | onda cero

A secretaria xeral da Comisión executiva municipal do PSdeG-PSOE de Ourense, Natalia González, xunto con Mercedes Rosón, concelleira de urbanismo, vivienda, cidade histórica, acción cultural e igualdade do Concello de Santiago de Compostela e Francisco Díaz Gallego, concelleiro de urbanismo, vivienda, infraestruturas e mobilidade do Concello de A Coruña, analizaron os retos urbanísticos do futuro de tres grandes cidades galegas no encontró foro debate “Ourense a cidade que quedaremos” realizado esta tarde no centro cívico de A Ponte.

Natalia González, manifesta que os e as socialistas teñen clara a folla de ruta para “poñer fin ao vixente PXOM de 1986” e acadar por fin o “desbloqueo urbanístico da cidade”, dotándoa dunha nova normativa con seguridade xurídica que garanta un desenvolvemento urbano legal, sostible e de futuro a través do consenso e a responsabilidade.

Fran Díaz expuxo a necesidade de apostar pola “nova mobilidade” como veñen facendo no Goberno socialista da Coruña dende xuño de 2019, con iniciativas como o “calmado do tráfico rodado e a mellora da calidade urbana da cidade”. Co obxectivo de acadar unha cidade “máis saudable, máis accesible e máis segura”.

Para facer esto posible estanse a realizar numerosas intervencións dentro dos programas CoruñaCamiña e Coruña30 que buscan mudar a imaxe da cidade e transformar o día a día dos cidadáns. Ademáis de implantar novos medios de transporte público como a rede pública de bicicletas, que está a acadar cifras de uso das máis altas do país.

Estas políticas socialistas en mobilidade e espazo público son o escaparate do que os gobernos socialistas poden facer nas cidades nas que non gobernamos pero gobernaremos a partir de maio de 2023. “Sabemos que estamos ao comezo dun mundo diferente, que temos que dirixir nun contexto, que o Xunta de Galicia que non existe, que non goberna o territorio: o seu lema é non intervir”, tal e como apuntou, Mercedes Rosón, quen se centrou na xestión da capital galega con grandes parques urbanos e municipais, a peonalización, a intermodal nova e a Praza de Abastos e a acadación de premios internacionais de Calidade.

Pese a isto, Rosón centrouse na necesidade que ten Santiago de non poder morrer de éxito a pesar da súa reputación e márcanse como reto “reimplantar instrumentos de xestión contra a xentrificación e a favor da enerxía autosuciente”.