O Concello aproba a convocatoria de axudas ás persoas autónomas
O Concello dota a convocatoria cun orzamento total de 20 millóns de euros e prevé axudas de 2.000 euros por persoa beneficiaria.
A Xunta de Goberno local do Concello de Ourense aprobou na súa xuntanza as bases reguladoras e a convocatoria de axudas dirixidas ás persoas autónomas para impulsar a actividade económica en Ourense e paliar os efectos da COVID-19. O Concello dota a convocatoria cun orzamento total de 20 millóns de euros e prevé axudas de 2.000 euros por persoa beneficiaria.
Na mesma sesión aprobáronse un total de 34 asuntos, entre eles a adxudicación do servizo de axuda no fogar, o expediente para adquirir 14 novos vehículos para a Policía Local de Ourense, os convenios con entidades que desenvolven o seu labor na prevención de drogodependencias, entre outros asuntos.
LICENZAS (11)
Concedéronse un total de 11 licenzas, para:
- proxecto básico e de execución de rehabilitación e reforma interior dunha vivenda na rúa Cervantes
- proxecto de reforma dunha vivenda na rúa do Progreso
- proxecto de reforma integral dunha vivenda en Curros Enriquez
- proxecto básico e de execución de demolición dun galpón no Camiño Vello de Barbadas
- para dúas obras de cambio de cuberta e reparación de tipoloxías en inmobles sitos na Praza do Couto 2 e Praza do Couto 1, solicitadas pola Xunta de Galicia
- proxecto básico e de execución de rehabilitación dunha planta dun edificio na rúa Cervantes
- Licenza en vía de legalización de obras de reforma realizadas nunha vivenda na Avenida da Habana
- Proxecto básico e de execución para instalación dun ascensor nun edificio da estrada de Santa Mariña
- Licenza urbanística para a substitución do ascensor nun edificio da rúa Río Avia
- licenza de obra en vía de legalización e obras de remate para unha vivenda unifamiliar en Santa Ana
APERTURAS (2)
- Conceder licenza de obra e actividade de acondicionamento de local para uso de oficina na avenida de Bos Aires
- Aprobar o modificado número 1 do proxecto básico e de execución de reforma de edificio para apartamentos turísticos na rúa Burgas, núm. 6.
DISCIPLINA (1)
- Aprobar a liquidación dos gastos que implicou a execución do proxecto e dirección de obras de demolición parcial de inmoble, para execución de sentenza, da vivenda unifamiliar sita no Lugar de Soutosanín nº 27.
SERVIZO DE PLANEAMENTO, XESTIÓN URBANÍSTICA E PATRIMONIO (2)
PLANEAMENTO URBANÍSTICO (1)
- Aprobar e recoñecer a obriga en favor da Diócese de Ourense por importe de 39.897,94 euros pola ocupación dunha parcela de 2.597 m2 en Cudeiro e de 62.959,58 euros pola ocupación doutra parcela de 3.895 m2 en Seixalbo.
XESTION URBANISTICA (1)
- Aprobar unha indemnización por importe de 113.420,41 euros a dous particulares pola ocupación directa de parcela na Área de Reparto 22 N.
SERVIZO DE CONTRATACIÓN (12)
- Adxudicar o servizo de xestión do centro de visitantes do Parque de Montealegre. O servizo será prestado pola empresa SM Sistemas Medioambientais, que presentou a oferta economicamente mais vantaxosa. O contrato é por 2 anos, cun custe de 40.894,28 euros por ano
- Declarar deserto o procedemento aberto para a contratación do servizo de tratamento e eliminación de móbeis, equipos e outros residuos urbanos voluminosos.
- Acordar a prórroga por 2 anos do contrato do servizo de conservación, reparación, verificación e substitución de pezas dun grupo de impresoras e equipos multifunción do Concello de Ourense, e a subministración de consumibles necesarios. O contrato adxudícase a SERTECO-OR, por importe 46.691,18 euros.
- Aprobar o expediente para contratar a subministración dunha plataforma hardware que dea soporte aos sistemas de información do Concello, xunto coa migración a esta e a actualización dos sistemas existentes. O contrato adxudicarase por procedemento aberto ordinario, cun orzamento de 455.146,32 euros.
- Aprobar o expediente para contratar a subministración para a adquisición de novos módulos na plataforma Cividas e-GOV do Concello, tamén por procedemento aberto, cun orzamento base de licitación de 141.933 euros.
- Aprobar o expediente para contratar a subministración de catorce vehículos destinados á Policía Local do Concello de Ourense. Adquiriranse vehículos de diferentes tipoloxías (furgón de atestados, motocicleta, patrulleiros, entre outros). O contrato adxudicarase por lotes e ten un orzamento total de 495.000 euros.
- Aprobar o expediente para contratar a subministración en lotes de diverso equipamento de rede (firewall e switches), por un importe total de 172.965,75 euros.
- Acordar a prórroga do contrato do servizo de conservación, reparación, verificación e substitución de pezas de dous equipos de gran tirada de copias e a subministración de consumibles necesarios. A prórroga do contrato coa empresa Equipos de oficina SLU, será por 2 anos, cun custe total de 21.380,84 euros.
- Adxudicar a REDCOCHESGALICIA SL o vehículo Audi A6 do parque móbil do Concello, por un prezo de 2.500 euros. Declárase deserto o alleamento mediante poxa do Opel Vectra, xa que non se presentou ningunha oferta.
- Aprobar o expediente para contratar o servizo de asistencia técnica para o apoio na xestión e coordinación do proxecto 0636_NOVA_TFE_1_E. aprobado no marco do programa de cooperación territorial europea (Interreg V A España Portugal POCTE). O orzamento é de 11.816,75 euros.
- Adxudicar a Samaín Servizos á Comunidade S.A. o contrato para a prestación do servizo de axuda no fogar do Concello de Ourense. A empresa presentou a oferta economicamente máis vantaxosa, por un prezo de 17,67 euros por hora. Contrato é por 2 anos, a un prezo de 4.672214,66 euros por ano.
- Aprobar a ordenación decrecente das ofertas presentadas para a contratación do servizo de auditoría externa para controlador de primeiro nivel do proxecto 0636_NOVA_TFE_1_E aprobado no marco do programa de cooperación territorial europea (INTERREG V A ESPAÑA PORTUGAL POCTEP). A mellor oferta foi a de BM Neira Auditores SLP.
INFRAESTRUTURAS (1)
- Outorgar autorización a R CABLE Y TELECOMUNICACIONES, SA, para executar obra civil nunha arqueta existente na Rúa Finca Cerviño.
SANIDADE (3)
- Aprobar o convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e o Comité Cidadán Anti-sida de Ourense para o apoio económico do programa de redución de riscos en usuarios de drogas por vía parenteral que desenvolve o Comité Anti-sida. O convenio ten unha dotación económica de 25.000 euros.
- Aprobar o convenio do Concello de Ourense coa Asociación de Axuda o Toxicómano (ATOX), para o apoio económico do programa de piso de acollida para a incorporación social, cunha achega de 25.000 euros
- Convenio do Concello de Ourense coa Fundacion Monte do Gozo–Proxecto Home para o apoio económico no desenvolvemento do programa de actividades de rehabilitación e inserción sociolaboral en réxime residencial de condutas adictivas para drogodependentes ano 2020. O convenio ten un orzamento de 25.000 euros
CENTRO INICIATIVAS EMPRESARIAIS (1)
- Aprobar as bases reguladoras e a convocatoria de axudas para o impulso da actividade económica no municipio de Ourense para paliar os efectos do COVID-19: LIÑA DE AXUDAS PARA PERSOAS AUTÓNOMAS. A convocatoria ten unha dotación económica de 20 millóns de euros e prevé axudas de 2.000 euros por persoa autónoma, que se farán efectivas nun único pagamento
Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas traballadoras autónomas que exerzan a súa actividade económica no municipio de Ourense e se visen afectadas pola crise derivada da pandemia do COVID 19. As bases reguladoras serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e estarán á disposición das persoas interesados na páxina web do Concello de Ourense e na Base de Datos Nacional de Subvencións.
As persoas interesadas poderán solicitar as axudas desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense. Disporán dun prazo de 20 días e poderán presentar as solicitudes no Rexistro Xeral do Concello de Ourense ou en calquera dos lugares previstos no
artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro. A presentación poderá realizarse de modo presencial ou telemático, neste último caso a través da sede electrónica do Concello de Ourense