A Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense pon en marcha a Campaña de Reis, coa que agasallará con xoguetes a nenos e nenas de familias usuarias dos servizos sociais municipais. O Concello adquirirá este ano un total de 482 unidades de diferentes tipos de xoguetes, que se axeitados ás diferentes idades dos nenos e das nenas, de entre 1 e 10 anos.
Coa finalidade de realizar a campaña, o Concello convida as empresas interesadas en subministrar os xoguetes a que presenten as súas ofertas. Poderán facelo a partir de mañá, xoves, 26 de novembro e até o día 3 de decembro, a través do Rexistro Xeral do Concello, na Praza Maior, ou de c alquera dos demais medios previstos na Lei de Procedemento Administrativo Común.
O Concello destina a esta campaña un orzamento de 14.975 euros, IVE engadido. Os xoguetes serán subministrados entre os días 30 de decembro de 2020 e o 5 de xaneiro de 2021, a cada familia que presente un vale expedido pola Concellería de Asuntos Sociais, nas instalacións da empresa adxudicataria no termo municipal de Ourense.
Toda a información acerca desta contratación pódese atopar na páxina web do Concello www.ourense.gal