Mosteiro Budista

Comezan os traballos de demolición do edificio calcinado en Febreiro

A comunidade budista de San Amaro agarda poder reconstruir o único mosteiro budista de Galicia a comezos de verán con axuda de doazóns

Jesús Álvarez

Ourense | 07.05.2024 12:07

Templo Budista "Chup Sup Tsang" en demolición
Templo Budista "Chup Sup Tsang" en demolición | Comunidade Budista San Amaro

Comezaron as tarefas de demolición da estructura do edificio principal do mosteiro budista CHUP SUP TSANG que ardeu no concello ourensán de San Amaro o pasado 27 de Febreiro. Dende a comunidade budista traballaron durante todo este tempo para recuperar todo o mobiliario posible coma apeiros de cociña, textos, estatuas ou obxetos empregados na liturxia diaria.

En paralelo, seguen ca tramitación dos permisos para desenvolver un proxecto de rehabilitación que agardan poder iniciar en Xullo, unha vez teñan a correspondente licencia municipal.

Reparación monasterio budista en ourense
Reparación monasterio budista en ourense | onda cero

Dende a comunidade budista calculan que refacer o inmoble e o que era a primeira fase do proxecto budista podería rondar coma mínimo os 700.000 euros. De ahí que volvan a reactivar unha chamada á colaboración con donativos para que poida volver a ver a luz o único mosteiro budista de Galicia que leva 15 anos sendo un referente internacional polo “Programa de Estudos de Filosofía Budista”.

Para colaborar existe unha conta do mosteiro no Banco Santander que está tamén na web de Chup Shup Sang e en redes sociais coma Facebook, ademáis de estar disponible o contacto directo cas propias monxas budistas que residen en edificios anexos.