ICC WEEK

Comenzou na Ribeira Sacra a VI edición da Ourense ICC WEEK

A xornada inaugural da Semana das Industrias Culturais e Creativas celebrouse en Santo Estevo de Ribas de Sil cunha reflexión sobre os necesarios cambios do sector despois do COVID.

Onda Cero Ourense

Ourense | 08.10.2020 12:40 (Publicado 08.10.2020 12:37)

Pistoletazo de saída a ICCWEEK
Pistoletazo de saída a ICCWEEK | Onda Cero Ourense

O presidente da Deputación, Manuel Baltar salientou o compromiso do organismo provincial coa colaboración e o traballo en rede para sacar adiante proxectos culturais e creativos e manter vivo o sector nun momento cheo de incertezas, cualificando á provincia de Ourense como “un territorio que non renuncia á cultura e á creatividade cunha cita ineludible que deixa a súa pegada na sociedade, falando de vanguarda, aproveitando as novas tecnoloxías e poñendo en valor a Ribeira Sacra como candidata a Patrimonio da Humanidade”.

O Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil acolleu este mércores a inauguración da Ourense ICC Week, onde o presidente da Deputación, Manuel Baltar salientou o compromiso do organismo provincial coa colaboración e o traballo en rede para sacar adiante proxectos culturais e creativos e manter vivo o sector nun momento cheo de incertezas.

Manuel Baltar, cualificou á provincia de Ourense como “un territorio que non renuncia á cultura e á creatividade malia este difícil momento, convertendo á ICC Week “nunha cita ineludible que deixa a súa pegada na sociedade, falando de vanguarda e aproveitando as novas tecnoloxías, pero tamén poñendo en valor un escenario como este, en referencia ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil e á Ribeira Sacra como candidata a Patrimonio da Humanidade.

“A cultura segue e resiste, subliñou Manuel Baltar, para quen esta Semana das Industrias Culturais e Creativas de Ourense permitirá pasar revista a cuestións de actualidade e de enorme interese con relatores de gran calidade, “pero ademais demostrando que unha administración provincial como a ourensá e o seu goberno cren como ninguén no traballo en rede e na comunicación, como ferramenta fundamental para dar a coñecer e promover a creatividade.

O presidente da Deputación tamén se referiu aos premios Rodolfo Prada á xestión cultural, e Xosé Aurelio Carracedode xornalismo, cuxos gañadores recibiron os seus galardóns nesta mesma xornada inaugural da ICC Week, “e onde tamén se premia a creatividade, polo que é todo un acerto trasladar estes actos -en particular o premio de xornalismo aprazado pola pandemia- a un evento que promove a creación.

Tamén tivo palabras Manuel Baltar para os membros do Consello Asesor de Cultura presentes no acto, destacando unha iniciativa do goberno provincial posta en marcha durante o confinamento “para pensar nas necesidades do sector da cultura no día despois desta pandemia, para afrontar as incertezas, pero desde un compromiso claro e irrenunciable coa cultura.

A xornada inaugural incluíu un encontro de especiais características do Consello Asesor da Cultura, cun debate moderado por Jaime García Cantero, responsable de ‘EL PAÍS retina’ onde se reflexionou sobre o futuro do sector despois do COVID. Na súa intervención insistiu na necesidade de resetear e recomezar os necesarios cambios nas industrias culturais para adaptarse ao futuro.

No tocante aos premios, nesta terceira edición do “Rodolfo Prada” á xestión cultural e na categoría de profesionais da cultura recolleu o galardón Ernesto Romero, responsable do Novo Cine de Leiro 3D; ‘Platea Lúa’, na categoría de persoas voluntarias e colectivos afeccionados; e Náutico de San Vicente como gañador na categoría de proxectos culturais. O trixésimo premio “Xosé Aurelio Carracedo” de xornalismo foi foi o entregado a Pablo Varela, xornalista de La Voz de Galicia.

A xornada rematou coa invitación do recoñecido deseñador, ilustrador, tipógrafo e artista

Oscar Mariné, a participar na conferencia que impartirá mañá xoves.

A primeira xornada desta edición especial da Semana das Industrias Culturais e Creativas retransmitiuse en directo pola canle de Youtube da ICC Week, na web da Deputación de Ourense e na web de La Región, como o resto das actividades planificadas desta edición, condicionada pola situación actual, e na que case todas as actividades se realizarán sen público e todas serán retransmitidas por streaming.

O lugar elixido para esta sesión inaugural desta ICC Week foi a Ribeira Sacra, imaxe de referencia desta edición, remarcando a aposta da Deputación de Ourense na defensa do patrimonio e na súa candidatura para converterse en Patrimonio da Humanidade. Neste marco, se reafirmou o compromiso co sector cultural nunha provincia profundamente vencellada coa cultura e o patrimonio.