Colaboraración para axuda ás persoas maiores que viven en soidade
O alcalde e a concelleira de Política anuncian unha colaboración co Club de Leóns para axudar a persoas maiores e que tamén se asinará con Cruz Vermella un acordo para a atención deste colectivo
O Concello de Ourense e o Club de Leóns Ourense Calpurnia colaborarán na atención ás persoas que viven en soidade con diferentes accións que se levarán a cabo proximamente na cidade. Así se puxo de manifesto na xuntanza mantida esta mañá no salón de plenos, na que estiveron presentes o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, a concelleira da área social, Engenia Díaz Abella, e a presidenta do Club de Leóns, María Antonia Rilo, xunto con membros da directiva da organización ourensá, poñendo de manifesto a necesidade de actuar de forma conxunta para dar resposta ao problema da soidade que moitas persoas maiores padecen no noso municipio.
Neste sentido, en breve concretaranse as primeiras accións que se levarán a cabo, co obxectivo claro de paliar esa soidade, como indicou Eugenia Díaz, destacando a relevancia que ten este tipo de colaboración con colectivos coma o Club de Leóns Ourense Calpurnia, que destacan precisamente neste labor. Pola sua banda, María Antonia Rilo, subliña o carácter “altruista e de voluntariado” do Club de Leóns, que centra a súa intervención no apoio a aquelas persoas maiores que padecen a soidade, amosando a sua sastisfación por poder colaborar co concello.
Por outra banda, o rexedor e a concelleira de Política Social anunciaron que tamén se asinará un convenio de colaboración con Cruz Vermella para atención e seguimento das persoas maiores que viven en soidade, como se avanzara xa na última xuntanza que mantiveron co presidente desta organización, Felipe Ferreiro, quedando pendente de concretar o dito convenio para poñer en marcha todo o operativo.