Automovilismo

O Clio Trophy Galicia mostrou as súas cores para a temporada 2023

A praza da Igrexa, en pleno corazón de Lalín, acolleu a presentación oficial do Clio Trophy Galicia, a competición monomarca autonómica que terá lugar cos ben coñecidos e competitivos Renault Clio Rally5.

Óscar Gómez

Ourense | 21.04.2023 08:53

O Clio Trophy Galicia mostrou as súas cores para a temporada 2023
O Clio Trophy Galicia mostrou as súas cores para a temporada 2023 | onda cero

O formato da marca do rombo, que sae adiante gracias ao apoio de Grupo Recalvi, a Red Renault de Galicia, a Federación Galega de Automobilismo e Michelin, retorna ao campionato autonómico cun vehículo de gran potencial e prestacións, todo nun trofeo en igualdade de condicións.

A primeira proba deste Clio Trophy Spain terá lugar esta fin de semana no Rallye do Cocido, cita puntuable para o CERA Recalvi, namentres que as outras catro citas serán no Campionato Galego, unha en cada provincia. O Clio Trophy Spain entregará máis de 5.000 euros en premios por proba, ademáis doutros 5.000 euros como premio final para apoiar ao equipo vencedor a competir nos formatos nacionais da firma.

O presidente da Federación Galega de Automobilismo, Antonio Rodríguez Troitiño, afirmou que “esta é unha aposta moi forte da FGA por lanzar a un equipo galego fora das nosas fronteiras. Cremos que ir da man de Renault é unha aposta segura porque ten vehículos en todas as categorías da pirámide formativa e o preciso para chegar ao máis alto a nivel competitivo. Queremos mostrar o noso agradecemento á Red Renault de Galicia, Recalvi e a Renault Group polo seu apoio. Dende a Federación continuaremos a traballar para impulsar que saian novos equipos galegos aos campionatos nacionais e internacionais. Agardamos que esta sexa a primeira marca das moitas que se unan aos nosos Campionatos”.