Hospital Verin

O BNG valora positivamente ter acadado a unanimidade da Deputación no apoio ao Doutor Castrillo

O grave deterioro asistencial na atención á poboación infantil en Ourense, centrou a atención da primeira moción presentada ao pleno polo BNG

Óscar Gómez

Ourense | 30.11.2020 08:49

O BNG valora positivamente ter acadado a unanimidade da Deputación no apoio ao Doutor Castrillo
O BNG valora positivamente ter acadado a unanimidade da Deputación no apoio ao Doutor Castrillo | onda cero

O grupo provincial do BNG, na deputación de Ourense, valora positivamente que as dúas mocións presentadas polo BNG en defensa da sanidade pública concitasen o apoio unánime de todos os grupos representados na deputación provincial de Ourense.

O grave deterioro asistencial na atención á poboación infantil en Ourense, centrou a atención da primeira moción presentada ao pleno polo BNG. “Neste momento non hai unha atención en espazos separados entre a unidade de lactantes e preescolares/escolares e con persoal suficiente” expuxo Varela na propia moción e isto é unha causa sobrevida pola “precarización e o recorte de persoal do CHUO”, razón última desta situación.

Bernardo Varela conqueriu o apoio unánime do pleno para esixir á Xunta de Galiza e ao SERGAS que “rectifiquen de forma inmediata a unificación” das ambas unidades e garantir o seu funcionamento separado, en espazos separados e debidamente acondicionados e con persoal suficiente, priorizando o persoal con formación pediátrica.

A demanda do voceiro nacionalista tamén incluía a exixencia da “reincorporación inmediata” do persoal especializado aos seus postos de traballo nesta área tan sensible e especializada, e namentres que se establezan canles de diálogo coas mesmas que garantan a operatividade do servizo no futuro e os seus dereitos laborais.

A pesar da reticencia inicial do PP, que inicialmente manifestou o seu voto en contra de tomar medidas que solucionen e garantan, “de xeito inmediato”, a separación das unidades de lactantes e preescolares/escolares así como recuperación do persoal especializado, necesario para garantir o seu correcto funcionamento. O respaldo do resto dos grupos á proposta do BNG, forzou unha viraxe na intención de voto do grupo de goberno a favor das demandas dos nacionalistas.

A MOCIÓN DE URXENCIA DO BNG EN DEFENSA DO DR CASTRILLO SUPERA TODOS TRAMITES ACADA O RESPALDO UNAMINME DO PLENO

O BNG conseguiu que se aprobase a “urxencia” da “moción de urxencia” e posteriormente acadar a unanimidade do pleno para a súa moción en apoio ao doutor Castrillo.

Aprobada a xustificación de urxencia que a moción debía superar para o seu debate en pleno, e que Varela xustificou baseándose en que “a deputación de Ourense xa tomou partido neste conflicto posicionándose en contra do peche da sala de partos de Verín.” Así como que se aprecia “unha clara intencionalidade política deste expediente, que

semella unha vendetta política contra este profesional que manifestou publicamente a súa disconformidade coa política do peche da sala de partos do hospital de Verín fai agora xustamente un ano”.

O voceiro do BNG acadou que o pleno da Deputación de Ourense mostrase o seu respaldo unánime ao Doutor Castrillo, xefe de xinecoloxía de Verín e a exixencia de arquivar de inmediato o expediente aberto contra él.

“Agardamos que se lle dé pronto traslado á Xunta de Galiza e ao Sergas para que teñan en conta que o Doutor Castrillo conta co respaldo institucional de toda unha provincia e que non se van permitir vendettas políticas contra quen defende o benestar da veciñanza” puntualiza o voceiro nacionalista.

O acordo unánime de “arquivar de inmediato o expediente” aberto contra o doutor Javier Castrillo non só e unha demanda instituciónal que acada o BNG, senon un clamor social que non vai permir que esta inxustiza se manteña no tempo.