Servicios Sociais

O BNG no Concello de Ourense solicita urxentemente do goberno local o reforzo en Servizos Sociais

O BNG entende que a atención ás persoas que máis o precisan deben ser unha prioridade na política municipal

Óscar Gómez

Ourense | 24.11.2020 09:13

O BNG no Concello de Ourense solicita urxentemente do goberno local o reforzo en Servizos Sociais
O BNG no Concello de Ourense solicita urxentemente do goberno local o reforzo en Servizos Sociais | ONDA CERO

O actual grupo de goberno municipal ten que poñerse as pilas, porque hai moito por facer e as necesidades hai que cubrilas xa, non se pode seguir agardando”. Así de contundente se amosa a concelleira do BNG Rhut Reza.

“Hai que reforzar con persoal a concellaría de política social”. Para Reza “non pode ser que as persoas que máis o precisan, no caso de política social, persoas en risco de exclusión social, vexan adiadas as súas citas para acceder aos recursos ate tres meses. Esto para unha primeira cita, ao que hai que sumar a agarda para unha segunda. Sen traballadoras sociais os recursos non chegan as persoas”.

Unha situación similar prodúcese no CIMM segundo os nacionalistas, quenes inciden en que “se para este goberno municipal a igualdade e a loita contra a violencia machista é unha prioridade, ou entendemos que debería selo, o primeiro a facer é dotar de persoal ao CIMM, que leva anos traballando en precario cunha psicóloga-directora e unha xurídica, cando precisa como mínimo unha psicóloga a tempo completo, unha traballadora social e unha educadora social”.

A concelleira Rhut Reza non é allea tampouco ás lamentables imaxes vistas na nosa cidade nas últimas semanas, “vemos filas de xente agardando a súa quenda para a recollida de alimentos”. Ademáis, inciden desde o BNG no concello, segundo o último informe do ano 2020 sobre o Estado da Probreza en Galiza, o crecemento dos gastos relacionados coa vivenda está a facer que moitas familias prioricen estos gastos sobre outros como a calidade da alimentación. “As axudas de emerxencia social para alimentación básica, alugueiro ou menciñas, teñen que cumplir a súa función, e 800€ anuais por domicilio son totalmente insuficientes”.

Desde o BNG consideran que as bases de axudas a emerxencia tamén deberían ser modificadas para aumentar a cuantía das mesmas. Ademáis ante a situación de emerxencia residencial, o BNG propón a creación dunha bolsa de vivendas en alugueiro para facilitar o acceso a unha vivenda digna e a un custe acorde ás rendas. “Non pode ser que a vivenda se apropie da metado dos ingresos”.

Lembran tamén que esta semana vén de publicarse a listaxe de persoas benificiarias das bolsas de comedor, libros de texto e material escolar. A este respeito para Rhut Reza o incomprensible é que “se resolven a mediados de novembro, dous meses despois de iniciado o curso escolar. Hai crianzas que se non teñen a bolsa non poden pagar o servizo de comedor. Polo tanto a convocatoria destas bolsas debe facerse como moi tarde en abril”.

Apuntan desde o BNG, que xa propuxeron durante a primeira onda da pandemia mudar as bases e adapatalas a nova situación xerada pola mesma. “A renda a ter en conta non pode ser a de hai dous anos, como tampouco o umbral de 3.500 € anuais/cápita, así como a inclusión das causas sobrevidas, e a mesma contía da bolsa que debe aumentar pois os novos protocolos aumentaron o prezo do comedor e as bolsas non cubren o custe completo”.

Por desgraza e segundo denuncian desde o Grupo Municipal do BNG, “nada se fixo e nada se está a facer”. “Se temos unhas bolsas que non se cubren e nas que é maior o número de persoas excluídas que beneficiarias, algo non está a funcionar”.

A concelleira Rhut Reza remata afirmando que é preciso “mudar as políticas e poñer as persoas no centro das mesmas, porque está visto que as políticas levadas a cabo polo PP tanto no concello como na Xunta, tiveron como consecuencia a consolidación da pobreza e a exclusión social”.

Todo isto aderezado ademáis pola irrupción do virus, que está a agravar a situación sen térmonos recuperado da crise de 2008. “Ou se mudan as políticas ou corremos o risco de que moita xente quede no camiño”.