Ourense Cidade

Un investimento de 9,7 millóns de euros mellorará a seguridade vial cidada

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asinaron un protocolo no que se sentaron as bases de colaboración entre a Xunta e o Concello

ondacero.es

Ourense |

Jesús Vázquez e Ethel Vázquez | xunta de galicia

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asinaron esta mañá un protocolo no que se sentaron as bases de colaboración entre a Xunta e o Concello para promover un contorno urbano cada vez máis accesible e seguro.

Actuación, que tal e como destacaron, é a suma de esforzos e colaboración entre Xunta e Concello para facer cidade e para que os veciños de Ourense vexan reforzada a súa seguridade viaria, a fluidez no tráfico e, en consecuencia, vexan incrementada a súa calidade de vida.“O que hoxe acabo de asinar con Ethel Vázquez é unha medida sen precedentes nesta cidade. Estamos ante un día histórico para Ourense porque falamos dun investimento de 9,7 millóns de euros para a mellora da seguridade viaria e da integración urbana, con traballos necesarios en determinados firmes e beirarrúas e coa execución de sendas incluidas no Plan de Sendas de Galicia”, sinalou o alcalde, Jesús Vázquez Abad.

Prácticamente 10 millóns de euros para dotar de melloras en seguridade viaria, “algo clave no noso proxecto de cidade, a determinadas vías de titularidade autonómica que discorren polo noso termo municipal e falamos da avenida Otero Pedrayo, Seixalbo, a rúa Concordia, o entorno da Ponte Vella, Macelo Macías, as rúas Progreso e Río Arnoia, a avenida das Caldas e as sendas previstas na Ponte Sevilla, na Rabaza, na avenida de Ponferrada, Montealegre, Valdorregueiro e Reza”, recalcou o rexedor ourensán, quen lle manifestou á titular do departamento autonómico, en nome da cidade de Ourense, “o meu agradecemento pola súa intensa, decidida e constante cooperación para mellorar Ourense, para facer da nosa cidade un lugar mellor. Sen dúbida, con este protocolo de colaboración sentamos as bases e poñemos sobre o papel as solucións a moitas demandas que recibimos a diario da veciñanza ourensá”.

A Consellería de Infraestruturas da Xunta será a encargada de financiar e executar as obras e, unha vez estean finalizados os traballos, o Concello de Ourense asumirá a titularidade daqueles treitos de estradas que queden configurados con características de rúa urbana. Un total de 5,7 km de vías autonómicas pasarán a ser de titularidade municipal: a rúa Otero Pedraio Ca(travesía da OU-536), a rúa Concordia (antiga N-120 entre Progreso e Ramón Cabanillas, rúa Marcelo Macías (travesía da antiga N-525), rúa Río Arnoia (OU-200) e avenida das Caldas (OU-420).

A conselleira Ethel Vázquez sinalou que, proba da facilidade da colaboración con Concello de Ourense, só a Axencia Galega de Infraestruturas executara aquí obras por importe de 4,5 millóns de euros, que sumados ao protocolo asinado hoxe fan un total de máis de 14 M€ en catro anos. E, aos que se poderían engadir investimentos de outros departamentos da consellería como a estación intermodal.