A XXVIII Festa de Exaltación do Pan de Cea homenaxea o produto estrela do municipio
Un dos productos máis coñecidos polos ourensáns e polos amantes da gastronomía, o pan de Cea celebra este fin de semana a súa tradicional festa.
San Cristovo de Cea alberga grandes tesouros, como mosteiros, paisaxes, un impresionante casco histórico… pero sen dúbida a xoia da coroa reside no seu Pan. Un producto de extrema calidade que conta dende o 2010 coa Indicación Xeográfica Protexida, polo que é una gran tarxeta de presentación da provincia.
Un alimento que tárdase en torno a 7 horas hacer unha fornada, un duro e complexo proceso de elboración que fixeron os panadeiros armar unha festas alá polo 1992 para a exaltación deste manxar … e van uns cantos anos con porque neste 2019 celébrase a 28º edición, que contará con numerosas actividades tanto gastrónomicas como culturais.
A prefesta xa comenzou o sábado 30 de xuño no que perto de 325 personas participaron na 4º edición da andaina solidaria a favor da esclerosis. E este sábado 6 de xullo continurá coa ruta dos cinco fornos, nos que se inclúen o do Lodairo , do Parapetea, do Santo o do Abade e o da Cebolla, na que por son 10 euros gozarán dunha experiencia gastronómica de viños e productosgalegos coa denominación de orixe coma ternera galega, queixo de Arzúa, empanada…
Contará tamén cun forno para celíacos no que servirán cerveza sen gluten. Acompañado das agrupacións musicais Airiños do Coto, Feitzo do Pan entre outras. Xa na velada da noite teremos dúas actuacións: unha do grupo De perdido al Trío que actuará no forno da Cebola as 20:00 e pola noita as 22:00 o grupo Gin toni`s actuará na praza maior.
O día grande, o 7 de xulio, a xornada de festa comeza ceda xa que as 10:00 os pasarrúas estarán percorrendo as rúas de Cea. As 12:00 terá lugar a recepción as autoridades no Campo da Saleta. O pregón será á 13:00 a cargo do showman Dani Ríos, trala finalización do pregón ofreceráse distintos productos galegos e a velada será amenizada pola Charanga Castro Bello e Troula Group. As 14:30 comezará ó xantar popular e xa para ir finalizando a festa a partir das 17:00 haberá distintos concertos, protagonizados pola Charanga de Trives, Os Chavariscas e Pepe Vaamonde Trío.
Neste día 7 Cea contará cun espazo expositivo dominado pola gastronomía e tamén pola artesanía complementado cún stand de exposición doutros productos amparados polos diferente Consellos Reguladores agroalimentarios e un stand do Inorde. A celebración que ven marcada polas boas novas para o pan de Cea, xa que existe un incremento da producción, aumentaron un 3% con respecto ó 2017 e un 2,7% respecto ó ano pasado. Cerca dunhas 800.000 bolas de pan foron repartidas non só en Galicia senón tamén fora da comunidade, como Madrid, Extremadura, País Vasco…
A festividade chega coa entrada en vigor da nova normativa do pan que trouxo bastante polémica porque non a todos lles parece plato de bo gusto…mentres cós panadeiros de Cea non lles supón ningún problema