FESTA DOS FACHOS 2020

O domingo 19 de xaneiro celebrase unha nova edición da Festa dos Fachós en Castro Caldelas

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas celébrase o 19 de xaneiro na véspera do S. Sebastián, comeza arredor das 19:30 horas, entre o “lusco e fusco” coa caída do sol e prolóngase durante a noite, converténdose nunha das tradicións de culto ao lume máis representativas de Galicia.

Onda Cero Ourense

Ourense | 17.01.2020 14:17 (Publicado 14.01.2020 18:52)

Festa dos Fachós 2020
Festa dos Fachós 2020 | Concello de Castro Caldelas

A festa consiste nunha procesión na que saen do Santuario dos Remedios centos de “fachós” que percorren o Casco Histórico, arrodeando o Castelo e facendo o percorrido en plena escuridade (soamente o Castelo está alumeado). A procesión vai presidida por un Fachón de un mínimo de 30 metros por detrás da imaxe do santo, feita de palla ao igual que os fachós.

Remata a procesión no atrio do Santuario onde se queiman todos os restos nunha gran fogueira, culminando o rito do lume purificador en medio do toque de campás.

ORIXES

A pesar de que a Festa dos Fachós é una tradición ancestral, non se pode determinan a súa orixe con certeza. As primeiras referencias escritas das que se ten constancia son do ano 1751, sendo una das celebracións máis antigas de Galicia.

Sobre os orixes da Festa dos Fachós de Castro Caldelas hai escritos que falan das tradicións celtas relacionadas có lume, antes de ser cristianizado asimilado ó culto a San Sebastián. O escritor ourensán Vicente Risco relaciona esta festa cós ritos celtas de culto ao sol.

Outra hipóteses apunta ao século XVIII para referirse ao orixe do ritual, cando unha peste de cólera asolóu a comarca caldelá, foi entón cando os veciños rogaron a San Sebastián e San Roque para que intercederan e remataran coa enfermidade, facendo unha fogueira para queimar as pertenzas dos infectados.

Finalmente, outra tradición vincula a orixe da celebración á conmemoración da busca que fixeron os cristiáns para atopar o corpo do santo a noite que foi martirizado.

As diversas hipóteses que pretenden explicar a orixe da festa desde una óptica local teñen escasa fiabilidade histórica, sen embargo resultan interesantes como interpretacións populares.A pesar da incerteza do seu orixe a festa inunda a noite da vila Caldelá nun ambiente especial e único.

Antigamente a elaboración dos fachós facíase coa palla da sega, que se obtiña despois de sementar o centeoe segar. Actualmente esta práctica foise perdendo hasta quedar en desuso, polo que un dos inconvenientes para seguir mantendo esta tradición é a falta de palla para facer os Fachós.

Por elo o Concello de Castro Caldelas é o que se encarga de sementar cada ano o centeo, de segar, carrexar e mallar o igual que se facía tradicionalmente, preparando a palla e gardándoa no palleiropara a celebración.

A maior innovación é continuar facendo a festa o vello estilo tradicional polas dificultades que entraña e o traballo arduo que comeza un ano antes (sementa, sega, carrexa, malla).

O desenvolvemento da festa é o seguinte:

A partires das 19:15 h dependendo da claridade do día, como din os Caldelaos ”entre o lusco e fusco” comeza a procesión cun S. Sebastián de palla seguido do Gran Fachón de nunca menos de 30 metros. Detrás os máis de 500 Fachós individuais que o Concello pon o dispor dos participantes, todo elo acompañado da música de charanga e tradicional.

A procesión sae do adro do Santuario dos Remedios e percorre a noite Caldelá a través das empinadas rúas do Casco Histórico dando a volta o Castelo que preside a vila, todo elo en completa escuridade a excepción da iluminación ornamental do Castelo. O remate do percorrido os restos dos Fachós deposítanse nunha gran fogueira que se atopa na entrada do Santuario e comeza o aspecto gastronómico e musical.

Os chourizos feitos e curados con fume de carballo de Castro Caldelas, o pan artesán de forno de leña, o viño da DO Ribeira Sacra e unha monumental “Queimada” dan o toque final a esta festa.

Este ano a música será da CHARANGA TDB (Terras do Bibei) e o Grupo Os Trabazos.

A ledicia, a participación da xente da bisbarra e visitantes, o compañeirismo e bo humor será o xeito de celebrar os FACHÓS 2020.

Festa dos Fachós 2020
Festa dos Fachós 2020 | Concello de Castro Caldelas