Ourense Ciudad

Condean a 5 anos de cadea aos responsables do tiroteo no Chuo

A audiencia de Ourense condenou a cinco anos de cadea a un pai e dous fillos por consideralos responsables dun tiroteo acontecido ás portas do Complexo Hospitalario de Ourense en Maio de 2016.

ondacero.es

Ourense |

tiroteo chuo | onda cero

O tribunal tivo en conta a atenuante de reparación de dano e absolveu aos tres sospeitosos de delicto de tentativa de homicidio. Sen embargo os acusa de sendos delictos de lesións agravados polo uso de armas cas que fixeron ate once disparos. Tamén lles acusa de tenencia ilícita de armas e desordes públicas. Ademais deberán aboar 540 euros por un delicto de danos continuados.

Doutra banda a audiencia absolveu a outros tres coacusados ao quedar acreditado que non portaron armas nen realizaron disparos.

Na sentenza o tribunal ordena que se investiguen as declaracións ofrecidas por oito persoas, entre as que figura o vixiante de seguridade do hospital, por se incurrisen en falsa testemuña.