Logo de dúas semanas veciños e visitantes de Ourense percorreran os 44 establecementos participantes na edición de primavera do concurso de pinchos "Sabores de Ourense", veñen de darse a coñecer as elaboracións que lograron maior nota dos padais ourensáns. Así, o restaurante La Bodeguilla fíxose co premio ao mellor pincho apto para celíacos, agasallado cun curso cocina para celíacos en la Cooking Club de Madrid; La Casa del Pulpo logrou o premio Toma pan e molla, polo que recibirán de balde dúas bolas diarias de Pan de Cea durante un mes; e o restaurante Esenza foi recoñecida como a mellor iniciativa emprendedora e recibirá unha estancia no Parador de Santiago.
O xurado de prensa tamén otorgou os seus tres premios. En primeiro lugar remataron a Tapería D´Luis e Restaurante Esenza (tendo como agasallo unha estancia no Balneario de Mondariz e Palacio da Auga para dúas persoas); o segundo premio lográrono La Estación de Loman e Tapería Perico; e o terceiro, A Barbería.
Pola súa banda, os tres gañadores escollidos polo xurado profesional foron: Restaurante A Feira, que se fixo co primeiro premio e logrou así unha asistencia VIP para o Concurso Nacional de Pinchos Ciudad de Valladolid; La Estación de Loman, que quedou en segundo lugar; e Portovello, de terceiro.
Por último, os ourensáns tamén votaron aos seus pinchos preferidos e, deste xeito, conseguiron os tres premios do xurado popular o restaurante Fuentefreía, que se fixo co primeiro posto e recibirá un curso monográfico de dous días no Restaurante Serrano de Astorga; La Gula, que logrou o segundo premio; e A Tarazana, o terceiro.
O Concurso de Pinchos Sabores de Ourense é unha actividade organizada pola Concellería de Turismo, coa colaboración da Unión de Hostaleiros, que ten como obxectivo promover a gastronomía da nosa terra así como o bon facer dos profesionais da hostalería da cidade.