CC.OO denuncia que o emprego que se crea é precario e temporal
As contratacións ligadas á campaña do sector servizos, sobre todo do comercio pola tempada navideña, teñen impulsado o emprego e o descenso do paro na nosa provincia, concretamente en 366 persoas desempregadas menos
As contratacións ligadas á campaña do sector servizos, sobre todo do comercio pola tempada navideña, teñen impulsado o emprego e o descenso do paro na nosa provincia, concretamente en 366 persoas desempregadas menos (no 2017 descendeu 435 persoas). A maior baixada dáse como dicimos no sector servizos con 353 persoas desempregadas menos e no colectivo de ‘sin emprego anterior’, con 105 persoas menos. No resto dos sectores aumenta: na Agricultura en 22, na Industria en 15, na Construcción en 55.
Novamente ponse de manifesto que a creación de emprego segue concentrada nos servizos poco produtivos e de baixo valor engadido (comercio, hostalería, servicios auxiliares), que xeneran empregos inestables e donde se pagan salarios baixos, con un peso muy reducido para a industria e os sectores de intesidade tecnolóxica media e alta, o que non benficia para nada o despegue económico da nosa provincia e obriga á xuventude a “buscarse a vida” fora de Ourense. O emprego que se crea é precario e temporal, o 89% dos contratos asinados en decembro novamente foron temporais e a xornada parcial.
Esto ten como consecuencia que parte das xeracións máis novas viven na precariedade permanente, cunha sensación de perda de expectativas de vida relacionada co prezo da vivenda e dos alugueres, a rotación laboral e os baixos salarios. Para CCOO a devaluación salarial e a precarización das condicións de traballo fomentan,por unha banda, unha recuperación desigualmente repartida e un modelo de crecemento baseado en actividades pouco produtivas e , relacionado con esto, a “fuga” das persoas mais novas e mais preparadas, que buscan o poder formular un proxecto de vida nunhas condicións dignas, co que se agrava, a maiores, o problema demográfico que vimos sufrindo dende hai anos.
CCOO defendemos, en primeiro lugar, que é preciso que os salarios recuperen poder de compra, lembramos que o noso país sufriu unha intensa desvalorización salarial nestes anos de crise, cun recorte medio real do salario en nómina do 7,6%, que no caso dos salarios máis baixos como son os da nosa provincia, chega ao 22,5%.
Por esto é importante resaltar a importancia da subia do SMI e Acordo Estatatal para a Negociación Colectiva, que establece o salario mínimo de Convenio en 14.000 € anuais. O incremento dos salarios máis baixos é relevante cuantitativamente e tamén cualitativamente, por supor un marco de referencia para mellorar as retribucións de todas as persoas asalariadas por medio da negociación colectiva. CCOO tamén fai un chamamento ao sector empresarial para que se comprometa na saída da crise, apostando pola creación de emprego de calidade e pola recuperación do poder adquisitivo dos salarios como medio inescusable de recuperación do consumo, e con él, da actividade e do emprego; e ás administracións públicas para que realicen as inversións necesarias en infraestruturas e fagan esforzos por captar inversións en actividades industriais e tecnolóxicas que permitan o despegue económico da nosa provincia, que aliviaría, ao mesmo tempo, o problema demográfico que padecemos.